jueves, 28 de junio de 2007

A Bandeira Azul non é garantía dun litoral ecolóxico



O título da miña entrada de hoxe reflicte o título dun artigo que sacou hoxe ADEGA. Paga a pena leelo.

É claro, que a bandeira azul da que tanta propaganda fan os nosos Concellos non é garantía de cumprimento das leis de protección ambiental ou do litoral.



Esto está a suceder no noso Concello que no que enriba das praias que locen as bandeiras azuis, como esta do Touro, estanse a construír inmensas moles de edificios que as fan sombra.


Tamén nesa mesma praia estase a destruír un piñeiral, para a construcción de 6 bloques (36 vivendas), nunha zona de protección de costas e de protección da paisaxe. A desfeita está consumada, e a outra tarde cando ía para Ribeira vin un esquío a correr pola estrada nesa zona. Quedara sen hábitat!

O único parámetro ambiental que mide o organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis é a calidade das augas. Outra das praias que tivo a bandeira é a Praia da Ameixida, que é unha praias noxenta na súa cara norte. Nela os vertidos urbanos van directamente ás rochas que hai por riba da praia. Mais xa se sinala no artigo de ADEGA que "os criterios que segue para outorgar este distintivo, como símbolo de calidade de praias e augas, carecen de suficiente rigor."

Foto da praia da Corna, no Caramiñal, bandeira azul, capturada da páxina web de ADEGA


Parece que a bandeira azul, non é unha garantía de calidade ambiental. Por contra, estas praias abondan ter grande cantidade de vehículos estacionados nas súas proximidades na época estival, limpeza mecanizada que dana o ecosistema mariño, e outros servizos como chiringuitos ou outro tipo de construccións que danan a paisaxe e o ecosistema.

miércoles, 27 de junio de 2007

O mapa da especulación en Ribeira




Fai uns poucos días quedei abraiado o ver o mapa do planeamento urbanístico de Ribeira. Agás o Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, a maioría das zonas urbanizables están preto da costa (en violeta no mapa).

Un muro de ladrillo está a levantarse entre o noso concello e a Ría de Arousa.

martes, 19 de junio de 2007

«O que procuramos é que os nosos socios vivan do marisqueo»


Foto de www.pescagalicia.com

Hoxe puiden ler na Voz de Galicia que o que máis preocupa ao novo presidente da agrupación de mariscadores de Ribeira é a contaminación da Ría, mais ben con bos ollos que a Xunta queira saneala e evitar os verquidos ao mar.

A actividade extractiva podería chegar a pararse se a contaminación é elevada, e de feito, o reló xa non pode extraerse pola gran contaminación que ten por chumbo.

Están a procurar a recuperación de zonas que antes eran productivas e agora non debido á contaminación, e facer rendible a súa actividade con unha mellor calidade do producto.

O colectivo conta con 300 persoas, mais só rematan a temporada unha terceira parte porque non é rendible.

viernes, 15 de junio de 2007

Verdegaia


A pasada semana a miña moza e máis eu tíñamos algo que celebrar. Por iso hoxe quero facerme un agasallo e tamén facelo a ela. Xa o tiñamos falado, mais aínda non tomaramos a decisión.

Un só pode facer moitas cousas, pero é necesario xuntar as mans para defender a natureza contra a cobiza humana. Por iso hoxe regaláramos pertencer a Verdegaia.

Gústame os seus principios, e o seu ideario. Agora só queda agardar a que podamos xuntarnos un pequeno grupo de socios nesta comarca para así organizar unha coordinadora local no Barbanza. O principio da acción de Verdegaia está baseada no lema pensando globalmente e actuando glocalmente (local e globalmente).

jueves, 7 de junio de 2007

A defensa do Común



Este é o último vídeo dos de Cangas. Nel falan de dous cousas moi importantes.

Por unha banda está o Común. Así con maiúscula, ou o Ben Común. Como o seu propio nome indica o Común no é nin pode ser privativo de ninguén. É un ben público, que pertence a todos. Non pode ser privatizado, como non poden ser privatizadas como non se pode privatizar unha lingua, nin as matemáticas nin os algoritmos informáticos (¿non é?). Todo isto, que non ten porqué ser algo material pertence o Común. Os bosques comunais, as ribeiras do mar e dos ríos (e a súa paisaxe), ou a alta mar. Por desgraza, e debido o abuso duns poucos sen escrúpulos que malgastan estes recursos que pertencen a todos, este Ben Común cada día é menos ben e está máis privatizado.

Por outra banda, é importante subliñar que solo ca unión do pobo é posible chegar a facer algo para parar os abusos urbanísticos. A denuncia non é de abondo. Comentaba no vídeo un home que só trala mobilización puxéronse en marcha os xuíces que tiñan as denuncias arquivadas.

Hoxe lin que "O alcalde de Carnota denuncia presións das inmobiliarias". Por outra banda os veciños están preocupados. Aínda o Concello de Carnota mantense virxe, mais ven imparable polo cambio no Concello o desenvolvemento urbanístico esaxerado. Eu penso que aínda se pode frear esa tendencia. Vexan os comentarios neste post de Cabaseira Web. Moitas ideas enchéndoa, agora que se usan para adornar.

viernes, 1 de junio de 2007

Investigan irregularidades urbanísticas no Grove



Por esta nova souben que hai un Grupo de Delitos Urbanísticos da Garda Civil, e polo que parece están a traballar. Non é mala cosa. Parece que están a interrogar os membros da oficina do aparellador municipal do Grove. Agardo velos traballar tamén noutros concellos.

La Voz de Galicia conta esta nova moito mellor.