martes, 31 de julio de 2007

Vecinos de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar


Parécenos que algo está a moverse no noso Concello de Ribeira. Hoxe léese na Voz de Galicia. "Vecinos de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar. Creouse unha plataforma medioambiental de Corrubedo que está a defender o Parque.

Xa o pasado sábado estaban a pedir firmas pola defensa do Parque e rexeitando a creación de piscifactorías no lugar. O portavoz da plataforma argumenta que estas plantas crean moi poucos postos de traballo, e pola contra destrúen moitos.

Tamén os veciños de Aguiño están a mobilizarse en contra do proxecto de depuradora que o Concello está a planear para o tratamento das augas residuais. Hoxe, a Comisión creada, presentou moitas sinaturas contra dito EDAR no Concello.

O EDAR é necesario, mais tamén é necesario que as augas residuais procedentes da industria, sexan tratadas antes do vertido, e que sexan segregadas das augas residuais urbanas.

Tamén faría falta que as augas pluviais foran separadas, se non queremos que aconteza no noso Concello o que está a acontecer en Vigo.

Tamén se esixe que a descarga final das augas depuradas se afaste o máis posible de terra, xa que o vertido está previsto a só catro metros de profundidade.