jueves, 17 de julio de 2008

A ampliación do náutico tópase co rexeitamento do pleno de Ribeira


Lemos na Voz de Galicia que A ampliación do náutico tópase co rexeitamento do pleno de Ribeira. O mesmo periódico que agora di que o pleno foi moi efectivo e que o pobo de Ribeira rexeita o Plano de Portos deportivos, fai so uns días dicía exactamente o contrario. Está ben que vaian rectificando.

Segundo o propio Plano Director das instalacións Náutico deportivas de Galicia tíñanse consultados aos Concellos para a súa elaboración. Parece que isto non foi así, polo menos no caso de Ribeira, senón non se comprende o actual rexeitamento. Se no principio apoiaban, e agora non, tamén está ben que rectifiquen.

Na páxina web do Bloque de Ribeira, tamén se informa das alegacións que eles ten presentadas.

Benvida sexa a oposición a un plano totalmente insostible que pretende, por unha banda destruír unha praia e un banco marisqueiro, e por outra ocupar os atraques do porto pesqueiro asignados a embarcacións tradicionais de pesca. Este último punto non está claramente matizado, pero parece que o Náutico, quere comezar a poñer "unha pica en Flandres".

Pola miña banda non puiden permanecer ao marxe deste asunto, e tamén presentei as miñas alegacións.