lunes, 10 de noviembre de 2008

Pobre Monte de San Alberte!


LNG Tanker by Chablis2008

Hoxe La Voz titula: A planta de gas licuado de Ribeira situarase na zona de Xarás de Monte Alberte e custará 353.000 euros.
A nova contén varios erros. A planta situarase no Monte San Alberte, na parcela municipal. O polígono vaise estendendo polo monte coa complicidade de empresarios e políticos. O prazo de alegacións era de 20 días, mais remata hoxe. E supoño que a maioría dos ribeirenses non nos compensa o gas natural se é a costa dos nosos montes.

domingo, 9 de noviembre de 2008

O cerco de Portosín denuncia que se segue pescando con dinamita

O cerco de Portosín denuncia que se segue pescando con dinamita Que sigan a pasar estas cousas no século XXI e que non teñamos aprendido!

O hospital terá máis fondos que os de Cee e O Salnés no 2009

La Voz de Galicia titulaba onte O hospital terá máis fondos que os de Cee e O Salnés no 2009. Porén advertía despois da discrepancia do deputado do PP: "Con todo, o portavoz parlamentario do Partido Popular, Manuel Ruiz, ten un punto de vista moi diferente sobre os orzamentos. O deputado afirmou onte que Sanidade segue condenando ao ostracismo ao hospital da Barbanza".

Nós temos que concordar co deputado do PP. O hospital non funciona moito mellor do que funcionaba cando gobernaban eles. As listas de espera son interminables, escandalosas e terceiromundistas; e o servizo de urxencias deixa moito que desexar.

Eu teño acudido alí co meu fillo que fixo unha escordadura nun pé, e estivemos a esperar por un traumatólogo catro horas. O meu fillo fixo unha reclamación por escrito, mais moitos meses pasaron dende aquela e nin sequera se molestaron en responder.

O outro día na obra teatral que representaron Mofa e Befa, un de eles sufrira un accidente e dicían: "lévao para Santiajo a que lle fajan unha radiografía, que se o levas aquí morre" Tiña gracia, se non fora porque aínda hoxe moitos pensamos que quizais en Santiago podamos atopar mellores prestacións que no Hospital da Barbanza.

sábado, 8 de noviembre de 2008

Loita contra a polución



Loita contra a polución

Na ANPA Caramecheiro do IES número 1 están a facer cousas interesantes para loitar contra a mudanza climática. Na nova non o din, a exposición fíxose en colaboración con Verdegaia.

viernes, 7 de noviembre de 2008

O BNG de Ribeira solicita un plan para fomentar o uso do transporte público no municipio

O BNG de Ribeira solicita un plan para fomentar o uso do transporte público no municipio. Por esta vez vou concordar con eles.

Hoxe quedei sen coche pois teño que reparar unhas deficiencias que atoparon na ITV. Chegar dende Castiñeiras ao meu traballo na Pobra é un auténtico suplicio. Polo mediodía que teño dúas horas para comer, mellor non pensar en ir comer a casa.

Ademais das medidas propostas polo BNG, eu demando unhas liñas máis amplas, que non morran na estación de autobuses, ou en todo caso, un billete único para viaxar dende unha parte do concello a outra. E ademais maior frecuencia e coordinación entre as liñas.

O Sergas defende o labor que realiza o hospital barbancés

O Sergas defende o labor que realiza o hospital barbancés. Non podía ser doutro modo. Porén, o servizo do hospital segue a ser moi deficiente é as listas de espera dalgunha das especialidades son interminables.

O Concello de Ribeira envía á Xunta a súa proposta de terreos para a depuradora

En La Voz de Galicia están a transmitir o intercambio de frases sen sentido entre o noso alcalde Torres Colomer e o Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez: O Concello de Ribeira envía á Xunta a súa proposta de terreos para a depuradora. Falan de costas á cidadanía. Por sorte, as asociacións veciñais están a poñer un pouco de bo xuízo aos nosos políticos e tratando de que se atendan as súas peticións.