lunes, 20 de julio de 2009

Porto deportivo de Cangas - Massó

Quen queira saber o que está a pasar en Cangas, mellor que o vexa na páxina do Foro Social de Cangas. Non mires nos medios oficiais, que están a moverse moi lentamente á hora de informar, coma a xustiza á hora de resolver.

Con todo, o que aconteceu hoxe, traspasa os límites do crible. O SEPRONA (Servizo de Protección á Natureza da Garda Civil) levando presos ás persoas que están a defender o ambiente. Detiveron con violencia a 16 persoas, e algunha de elas como unha concelleira do grupo de goberno de Cangas e o portavoz do Foro Social de Cangas, aínda seguen detidos.



Veño de escribir o presidente o goberno de España solicitando entre outras cousas a dimisión do Subdelegado do Goberno, e que o SEPRONA se dedique ao fin para que foi constituído e non para deter ás persoas sensibles co ambiente.

Ti tamén podes facelo en jlrzapatero@presidencia.gob.es

Se non sabes que poñer podes inspirarte na miña carta:

martes, 16 de junio de 2009

Tractorada Virtual

Eu súmome á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias.

















jueves, 4 de junio de 2009

Espazo de Saúde - Tempo de enfermedade



Se vostede solicita cita hoxe para o meu médico de atención primaria do Centro de Saúde de Ribeira por Internet atoparase cas seguintes opcións:
- Poderá solicitar cita para o venres da vindeira semana (é dicir para dentro de 8 días e medio)
- Poderá solicitar cita para o luns día 15 e sucesivos ata o xoves 18 de xullo (dentro de entre once e catorce días e medio).

Claro que estas cousas pasan as veces cos sistemas informáticos. E ben podería ser que fora un erro na programación ou nas datas. Por iso chamei o servizo de citas centralizado (onde por sorte aínda atenden en galego). A resposta foi a mesma. Alí suxeríronme que fora ao Centro de Saúde a pedir cita. Seguro que poderían facerme un oco con outro médico ou médica. Mais no Centro de Saúde a resposta foi a mesma.

O curioso do caso, é o que pon baixo a data da cita. "O/a profesional non poderá atenderlle o día seleccionado. Remitiráselle a un/unha substituto/a."

Isto está ben. Decatáronse de que o meu médico da atención primaria non vai estar para a vindeira semana --ni para á seguinte-- e xa ten buscada á persoa que o substitúa.

É unha magoa que non me deran cita para dentro de dous meses, porque polo menos podería solicitar, segundo ten anunciado Feijoo, a atención nun centro de saúde privado.

Cidadáns de Ribeira, xa o saben, se ten previsto enfermar dentro de 15 días, vaian solicitando cita previa. Quedan avisados!

lunes, 19 de enero de 2009

O Banco do Tempo noiés funcionará a finais de xaneiro

El paso del tiempo de Josean Prado

É unha boa iniciativa a que está a poñer en marcha no Concello de Noia. Un banco do tempo. É coma a Axuda que funcionaba antes nas aldeas de Barbanza, pero máis moderna. Que ti sabes algo de informática e queres dar clases pola semana, pero necesitas alguén que coide ao teu can os fins de semana, pois te apuntas e intercambias horas de clase de informática con horas de paseo do can. Iso si, válenche o mesmo as horas de pasear o can que as de informática.

Podedes ler a nova na Voz:
El Banco do Tempo noiés funcionará finales de enero