martes, 16 de junio de 2009

Tractorada Virtual

Eu súmome á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias.

















jueves, 4 de junio de 2009

Espazo de Saúde - Tempo de enfermedade



Se vostede solicita cita hoxe para o meu médico de atención primaria do Centro de Saúde de Ribeira por Internet atoparase cas seguintes opcións:
- Poderá solicitar cita para o venres da vindeira semana (é dicir para dentro de 8 días e medio)
- Poderá solicitar cita para o luns día 15 e sucesivos ata o xoves 18 de xullo (dentro de entre once e catorce días e medio).

Claro que estas cousas pasan as veces cos sistemas informáticos. E ben podería ser que fora un erro na programación ou nas datas. Por iso chamei o servizo de citas centralizado (onde por sorte aínda atenden en galego). A resposta foi a mesma. Alí suxeríronme que fora ao Centro de Saúde a pedir cita. Seguro que poderían facerme un oco con outro médico ou médica. Mais no Centro de Saúde a resposta foi a mesma.

O curioso do caso, é o que pon baixo a data da cita. "O/a profesional non poderá atenderlle o día seleccionado. Remitiráselle a un/unha substituto/a."

Isto está ben. Decatáronse de que o meu médico da atención primaria non vai estar para a vindeira semana --ni para á seguinte-- e xa ten buscada á persoa que o substitúa.

É unha magoa que non me deran cita para dentro de dous meses, porque polo menos podería solicitar, segundo ten anunciado Feijoo, a atención nun centro de saúde privado.

Cidadáns de Ribeira, xa o saben, se ten previsto enfermar dentro de 15 días, vaian solicitando cita previa. Quedan avisados!