Mostrando entradas con la etiqueta Ordenación do territorio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ordenación do territorio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de junio de 2007

O mapa da especulación en Ribeira




Fai uns poucos días quedei abraiado o ver o mapa do planeamento urbanístico de Ribeira. Agás o Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, a maioría das zonas urbanizables están preto da costa (en violeta no mapa).

Un muro de ladrillo está a levantarse entre o noso concello e a Ría de Arousa.

viernes, 1 de junio de 2007

Investigan irregularidades urbanísticas no Grove



Por esta nova souben que hai un Grupo de Delitos Urbanísticos da Garda Civil, e polo que parece están a traballar. Non é mala cosa. Parece que están a interrogar os membros da oficina do aparellador municipal do Grove. Agardo velos traballar tamén noutros concellos.

La Voz de Galicia conta esta nova moito mellor.

miércoles, 30 de mayo de 2007

Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral



Video: Documental de Alternativa Canguesa de Esquerdas Cangas do Morrazo 2007 Un Novo Plan 1ªParte ACE na Rede: http://acealternativa.wordpress.com/

Púxenme a investigar. Só fai uns poucos días —o pasado día 17 de maio— entrou en vigor a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral (PDF). No preámbulo da Lei di que tal e como están a facerse as cousas imos sufrir graves prexuízos económicos, sociais e ambientais. O modelo de construcción non é eficiente, pois a dotación de infraestructuras adecuadas (accesos, comunicacións, rede sanitaria, enerxía, etc.) é moi caro; créanse urbanizacións que non son accesibles as economías dos mozos das áreas nas que se constrúen, creándose ghetos para os turistas; deteriorase a paixase e acabase cos espacios verdes ca diversidade, cos modelos urbanísticos e económicos tradicionais, etc.

Segundo esta nova lei: «Suspéndese a tramitación e aprobación dos plans especiais de reforma interior, plans parciais, plans de sectorización e instrumentos de equidistribución que teñan por obxecto a transformación urbanística de terreos situados a unha distancia inferior a 500 metros, medidos en proxección horizontal terra a dentro, desde o límite interior da ribeira do mar dos municipios que se relacionan no anexo».