viernes, 7 de noviembre de 2008

O Sergas defende o labor que realiza o hospital barbancés

O Sergas defende o labor que realiza o hospital barbancés. Non podía ser doutro modo. Porén, o servizo do hospital segue a ser moi deficiente é as listas de espera dalgunha das especialidades son interminables.

O Concello de Ribeira envía á Xunta a súa proposta de terreos para a depuradora

En La Voz de Galicia están a transmitir o intercambio de frases sen sentido entre o noso alcalde Torres Colomer e o Conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vázquez: O Concello de Ribeira envía á Xunta a súa proposta de terreos para a depuradora. Falan de costas á cidadanía. Por sorte, as asociacións veciñais están a poñer un pouco de bo xuízo aos nosos políticos e tratando de que se atendan as súas peticións.

sábado, 13 de septiembre de 2008

Banco de tempo en Boiro

O Xornal Certo publica a nova de que xa está en marcha o banco de tempo en Boiro, aínda que é para toda a comarca da Barbanza. É unha moi boa iniciativa que de contar ca participación suficiente pode beneficiar moito as familias que o necesiten.

Os bancos de tempo xa funcionan en moitos lugares do mundo, e por suposto tamén en distintos lugares de España e de Galicia. O banco de tempo non é outra cousa que a boa veciñanza e a solidariedade entre as xentes que sempre funcionou.



Agardamos que teña moito éxito, pois sen dúbida, o éxito do banco do tempo será tamén o éxito da veciñanza do Barbanza

jueves, 17 de julio de 2008

A ampliación do náutico tópase co rexeitamento do pleno de Ribeira


Lemos na Voz de Galicia que A ampliación do náutico tópase co rexeitamento do pleno de Ribeira. O mesmo periódico que agora di que o pleno foi moi efectivo e que o pobo de Ribeira rexeita o Plano de Portos deportivos, fai so uns días dicía exactamente o contrario. Está ben que vaian rectificando.

Segundo o propio Plano Director das instalacións Náutico deportivas de Galicia tíñanse consultados aos Concellos para a súa elaboración. Parece que isto non foi así, polo menos no caso de Ribeira, senón non se comprende o actual rexeitamento. Se no principio apoiaban, e agora non, tamén está ben que rectifiquen.

Na páxina web do Bloque de Ribeira, tamén se informa das alegacións que eles ten presentadas.

Benvida sexa a oposición a un plano totalmente insostible que pretende, por unha banda destruír unha praia e un banco marisqueiro, e por outra ocupar os atraques do porto pesqueiro asignados a embarcacións tradicionais de pesca. Este último punto non está claramente matizado, pero parece que o Náutico, quere comezar a poñer "unha pica en Flandres".

Pola miña banda non puiden permanecer ao marxe deste asunto, e tamén presentei as miñas alegacións.

jueves, 15 de mayo de 2008

Residuos fecais alagaron dúas rúas de Ribeira tras dez minutos de choiva


Sewer Spewing by Kmevans

Residuos fecais alagaron dúas rúas de Ribeira tras dez minutos de choiva. Isto é o que líamos esta mañá no periódico. Hoxe a tarde, parece que o problema xa estaba amañado... Na rúa de Padín e na Rosalía, mais non na praia da Batiola de Castiñeiras onde as augas fecais saían libremente.

Agardemos que o SEPRONA poña fin a estes abusos. Os verquidos hai que controlalos onde se producen, e non desvialos para o rural.

sábado, 19 de abril de 2008

O plan de ampliación das instalacións náuticas NON satisfai á sociedade barbancesa


Boats in the marina in Sausalito, California. March 2007. By wili hybrid

Hoxe A Voz de Galicia despáchase con este titular:
O plan de ampliación das instalacións náuticas satisfai á sociedade barbancesa
E digo eu ¿A quen ten preguntado? Porque a min non. E supoño que tampouco aos mariscadores que cada vez ven máis escasas as súas zonas de marisqueo, nin aos ecoloxistas que cada vez ven máis deteriorado o noso litoral, nin ao público en xeral, que ve como o dominio público marítimo se privatiza a favor dos que ten máis cartos, nin aos mariñeiros, que ven como os espazos nos peiraos son cada vez máis reducidos para eles.

Eu, señores da Voz, lamento que aumente o número de amarres dun xeito tan xeneroso.

miércoles, 16 de abril de 2008

Marbellización do Barbanza

El grupo interesado en construir un hotel en Barbanza busca posibles ubicaciones.

Por se Barbanza non está xa abondo danada, agora quérennos facer tamén un campo de golf.