miércoles, 29 de agosto de 2007

Piscifactorias


Parece que a veciñanza de Corrubedo está a moverse co tema das piscifactorías.

Os empresarios alegan que dan moito traballo, mais hai quen comenta que ca subvención que tivo Pescanova para a súa planta de Mira en Portugal, terán os salarios de todos os seus traballadores durante 15 anos. ¡Así calquera é empresario!

Por certo, que a min non me gustou nada a chulería ca que Pescanova dixo que levaba os seus cartos para Portugal, e dende aquela xa non merco produtos da citada empresa. Se eles conxelan as súas inversións en Galiza, eu conxelo as miñas inversión en Pescanova, mais outros danlles medallas…

Agora, aos veciños de Corrubedo quérenlles expropiar os seus terreos para montar unha piscifactoría. É como se a ti van e díxenche que te vaias da túa casa que hai un empresario que quere poñer un bar. Polo morro. Expropian un ben privado para o seu uso privado. Caro que como din unha boa amiga o que é privado é o negocio e máis os beneficios, que os gastos pagámosllos entre todos cas subvencións.

Os veciños de Ribeira ven de presentar 3.000 sinaturas e 400 alegacións en contra do plan. Agardamos que esta desfeita non siga adiante.

Sobre o tema das piscifactorías hai moito que falar. Se teño tempo, noutra entrada xa poñerei algo máis sobre o risco medio-ambiental que supón e o bacallau que están a vendernos. Mentres tanto, ide vindo este documenta que fixeron na televisión portuguesa. É un pouco longo, mais paga a pena.

Primeira parte:



Segunda parte:

No hay comentarios: