jueves, 27 de septiembre de 2007
A xuventude e o deporte
Carta ao Concello
Boas tardes,
Acabo de recibir o programa de actividades deportivas do Concello. Penso que para o noso Concello a oferta podería ser mellorada ca participación de asociacións deportivas, con mellor vontade política e maior asignación orzamentaria.
Mais non é de iso do que quería falar. O que boto a faltar é calquera tipo de actividade para os xoves de máis de 15 anos. ¿É que os xoves non ten necesidade de facer deporte? Pola contra, penso que son os xoves destas idades os que máis o necesitan, mais non hai absolutamente nada que podan facer programado polo noso Concello.
E non creo que podamos poñelos nas actividades dos adultos. Eles para participaren necesitan de actividades propias.
Por se isto fora pouco, non poden beneficiarse das instalacións da Fieiteira, pois para usalas ten que estar acompañados un maior. Refírome en concreto as salas de aparatos de musculación e ximnasia que alí se atopan.
E iso se falamos de Santa Uxía de Ribeira, porque nas parroquias do Concello a falta de ofertas é total. Ademais o transporte é caro e malo. Un rapaz de Castiñeiras, Aguiño, Carreira, etc para chegar ao instituto ten que coller dous autobuses o que supón que nun so día que teñan clase de mañá e de tarde ten que gastar oito euros en autobús e perder en ocasións máis de dúas horas do seu tempo. En fin...
De certo que estamos a poñer aos nosos xoves as cousas moi difíciles. Logo queixarémonos de que so queren "botellón".
Agardo que fagan algo para mellorar a situación,
Unha aperta,
Ignacio Jorganes
Castiñeiras
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
te contestaron?
Pois non, non contestaron.
Iso é porque se entende "silencio administrativo", que neste caso non é positivo nin negativo, mesmo quere dicir "vai rañala".
Publicar un comentario