jueves, 30 de agosto de 2007

Ecoloxistas presentan alegacións o plano de Acuicultura da Xunta


Verdegaia e ADEGA presentaron cada un súas alegacións contra o Plano de Acuicultura da Xunta.

Na páxina de ADEGA pódense consultar as súas alegacións, e na de Verdegaia un resumo das mesmas.

Verdegaia aposta pola finalización da actividade de aquelas piscifactorías que estean situadas na Rede Natura unha vez finalice o período de concesión das mesmas. Isto incluiría por exemplo á piscifactoría de Couso no noso Concello.

miércoles, 29 de agosto de 2007

Piscifactorias


Parece que a veciñanza de Corrubedo está a moverse co tema das piscifactorías.

Os empresarios alegan que dan moito traballo, mais hai quen comenta que ca subvención que tivo Pescanova para a súa planta de Mira en Portugal, terán os salarios de todos os seus traballadores durante 15 anos. ¡Así calquera é empresario!

Por certo, que a min non me gustou nada a chulería ca que Pescanova dixo que levaba os seus cartos para Portugal, e dende aquela xa non merco produtos da citada empresa. Se eles conxelan as súas inversións en Galiza, eu conxelo as miñas inversión en Pescanova, mais outros danlles medallas…

Agora, aos veciños de Corrubedo quérenlles expropiar os seus terreos para montar unha piscifactoría. É como se a ti van e díxenche que te vaias da túa casa que hai un empresario que quere poñer un bar. Polo morro. Expropian un ben privado para o seu uso privado. Caro que como din unha boa amiga o que é privado é o negocio e máis os beneficios, que os gastos pagámosllos entre todos cas subvencións.

Os veciños de Ribeira ven de presentar 3.000 sinaturas e 400 alegacións en contra do plan. Agardamos que esta desfeita non siga adiante.

Sobre o tema das piscifactorías hai moito que falar. Se teño tempo, noutra entrada xa poñerei algo máis sobre o risco medio-ambiental que supón e o bacallau que están a vendernos. Mentres tanto, ide vindo este documenta que fixeron na televisión portuguesa. É un pouco longo, mais paga a pena.

Primeira parte:



Segunda parte:

jueves, 23 de agosto de 2007

Hai dereito?


Hoxe só dous artigos do Código Penal Español, e un da nosa constitución que convén que coñezan os funcionarios da nosas administracións.

Artículo 329 del Código Penal Español

1. La autoridad o funcionario público que, a sabiendas, hubiere informado favorablemente la concesión de licencias manifiestamente ilegales que autoricen el funcionamiento de las industrias o actividades contaminantes a que se refieren los artículos anteriores, o que con motivo de sus inspecciones hubieren silenciado la infracción de Leyes o disposiciones normativas de carácter general que las regulen será castigado con la pena establecida en el artículo 404 de este Código y, además, con la de prisión de seis meses a tres años o la de multa de ocho a veinticuatro meses.

2. Con las mismas penas se castigará a la autoridad o funcionario público que por sí mismo o como miembro de un organismo colegiado hubiese resuelto o votado a favor de su concesión a sabiendas de su injusticia.

Artículo 404 del Código Penal Español

A la autoridad o funcionario público que, a sabiendas de su injusticia, dictare una resolución arbitraria en un asunto administrativo se le castigará con la pena de inhabilitación especial para empleo o cargo público por tiempo de siete a diez años.

Art. 45 de la Constitución Española

  1. Todos tienen el derecho a disfrutar de un medio ambiente adecuado para el desarrollo de la persona, así como el deber de conservarlo.
  2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de la vida y defender y restaurar el medio ambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.
  3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la ley fije se establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de reparar el daño causado.

martes, 21 de agosto de 2007

A bitácora doutro de Ribeira


Dixéronme o outro día que a meu caderno de bitácora ten o mesmo nome que a doutro blogero xa famoso por estes lares.

Cando escollín o meu nome, non o pensei demasiado. Quería que as miñas verbas saísen do corazón e non poñerme a pensalas demasiado. Velaí porque este caderno de bitácora de seguro que está cheo de erros e inexactitudes.

Velaí tamén, porqué collín este nome para o meu caderno de bitácora. Foi sen pensar. So tiña ganas de sacarme do peito a sensación de non ser de ningures, e pertencer a terra na que vivo, traballo dende fai xa máis de dezaoito anos. Xa chega. Esta non é so a terra a que xuridicamente pertenzo, se non tamén a terra que veu nacer ós meus fillos e a que sinto agora como propia.

Por iso perdoade a traizón do meu subconsciente. A bitácora de Paleón léoa dende os seus comezos, e seguro que por iso se deslizou o seu apelido sen querer. Esta tiña que ser a bitácora doutro de Ribeira.

martes, 31 de julio de 2007

Vecinos de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar


Parécenos que algo está a moverse no noso Concello de Ribeira. Hoxe léese na Voz de Galicia. "Vecinos de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar. Creouse unha plataforma medioambiental de Corrubedo que está a defender o Parque.

Xa o pasado sábado estaban a pedir firmas pola defensa do Parque e rexeitando a creación de piscifactorías no lugar. O portavoz da plataforma argumenta que estas plantas crean moi poucos postos de traballo, e pola contra destrúen moitos.

Tamén os veciños de Aguiño están a mobilizarse en contra do proxecto de depuradora que o Concello está a planear para o tratamento das augas residuais. Hoxe, a Comisión creada, presentou moitas sinaturas contra dito EDAR no Concello.

O EDAR é necesario, mais tamén é necesario que as augas residuais procedentes da industria, sexan tratadas antes do vertido, e que sexan segregadas das augas residuais urbanas.

Tamén faría falta que as augas pluviais foran separadas, se non queremos que aconteza no noso Concello o que está a acontecer en Vigo.

Tamén se esixe que a descarga final das augas depuradas se afaste o máis posible de terra, xa que o vertido está previsto a só catro metros de profundidade.

jueves, 28 de junio de 2007

A Bandeira Azul non é garantía dun litoral ecolóxico



O título da miña entrada de hoxe reflicte o título dun artigo que sacou hoxe ADEGA. Paga a pena leelo.

É claro, que a bandeira azul da que tanta propaganda fan os nosos Concellos non é garantía de cumprimento das leis de protección ambiental ou do litoral.



Esto está a suceder no noso Concello que no que enriba das praias que locen as bandeiras azuis, como esta do Touro, estanse a construír inmensas moles de edificios que as fan sombra.


Tamén nesa mesma praia estase a destruír un piñeiral, para a construcción de 6 bloques (36 vivendas), nunha zona de protección de costas e de protección da paisaxe. A desfeita está consumada, e a outra tarde cando ía para Ribeira vin un esquío a correr pola estrada nesa zona. Quedara sen hábitat!

O único parámetro ambiental que mide o organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis é a calidade das augas. Outra das praias que tivo a bandeira é a Praia da Ameixida, que é unha praias noxenta na súa cara norte. Nela os vertidos urbanos van directamente ás rochas que hai por riba da praia. Mais xa se sinala no artigo de ADEGA que "os criterios que segue para outorgar este distintivo, como símbolo de calidade de praias e augas, carecen de suficiente rigor."

Foto da praia da Corna, no Caramiñal, bandeira azul, capturada da páxina web de ADEGA


Parece que a bandeira azul, non é unha garantía de calidade ambiental. Por contra, estas praias abondan ter grande cantidade de vehículos estacionados nas súas proximidades na época estival, limpeza mecanizada que dana o ecosistema mariño, e outros servizos como chiringuitos ou outro tipo de construccións que danan a paisaxe e o ecosistema.

miércoles, 27 de junio de 2007

O mapa da especulación en Ribeira




Fai uns poucos días quedei abraiado o ver o mapa do planeamento urbanístico de Ribeira. Agás o Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, a maioría das zonas urbanizables están preto da costa (en violeta no mapa).

Un muro de ladrillo está a levantarse entre o noso concello e a Ría de Arousa.