sábado, 19 de abril de 2008

O plan de ampliación das instalacións náuticas NON satisfai á sociedade barbancesa


Boats in the marina in Sausalito, California. March 2007. By wili hybrid

Hoxe A Voz de Galicia despáchase con este titular:
O plan de ampliación das instalacións náuticas satisfai á sociedade barbancesa
E digo eu ¿A quen ten preguntado? Porque a min non. E supoño que tampouco aos mariscadores que cada vez ven máis escasas as súas zonas de marisqueo, nin aos ecoloxistas que cada vez ven máis deteriorado o noso litoral, nin ao público en xeral, que ve como o dominio público marítimo se privatiza a favor dos que ten máis cartos, nin aos mariñeiros, que ven como os espazos nos peiraos son cada vez máis reducidos para eles.

Eu, señores da Voz, lamento que aumente o número de amarres dun xeito tan xeneroso.

miércoles, 16 de abril de 2008

Marbellización do Barbanza

El grupo interesado en construir un hotel en Barbanza busca posibles ubicaciones.

Por se Barbanza non está xa abondo danada, agora quérennos facer tamén un campo de golf.

lunes, 17 de diciembre de 2007

As paralizacións non foron porque se decataran de que a cidadanía estaba farta.

O executivo sonense paralizou unha urbanizaci�n en Eiravedra

Mediou unha denuncia dun particular. Os Gobernos do Concello parece que non se decatan de nada. Nin os de agora, nin os de antes.

Pobriños promotores! Cometeron un erro e no proxecto que remitiron a patrimonio esqueceron poñer dúas vivendas, que si puxeron no proxecto do Concello.

O Alcalde di que non descarta (supoñemos que se poñen máis denuncias) paralizar máis obras. ¡Pobriños promotores!

O executivo sonense paralizou tres promocións inmobiliarias

Un complexo de chalés preto do Pozo é a terceira promoción que paraliza o executivo sonense

Mágoa que non o fixeran antes. Penso que xa se decataran de que parte da cidadanía está absolutamente horrorizada das desfeitas urbanísticas. Aínda hai moito que parar.

jueves, 27 de septiembre de 2007

A xuventude e o deporte


Carta ao Concello

Boas tardes,

Acabo de recibir o programa de actividades deportivas do Concello. Penso que para o noso Concello a oferta podería ser mellorada ca participación de asociacións deportivas, con mellor vontade política e maior asignación orzamentaria.

Mais non é de iso do que quería falar. O que boto a faltar é calquera tipo de actividade para os xoves de máis de 15 anos. ¿É que os xoves non ten necesidade de facer deporte? Pola contra, penso que son os xoves destas idades os que máis o necesitan, mais non hai absolutamente nada que podan facer programado polo noso Concello.

E non creo que podamos poñelos nas actividades dos adultos. Eles para participaren necesitan de actividades propias.

Por se isto fora pouco, non poden beneficiarse das instalacións da Fieiteira, pois para usalas ten que estar acompañados un maior. Refírome en concreto as salas de aparatos de musculación e ximnasia que alí se atopan.

E iso se falamos de Santa Uxía de Ribeira, porque nas parroquias do Concello a falta de ofertas é total. Ademais o transporte é caro e malo. Un rapaz de Castiñeiras, Aguiño, Carreira, etc para chegar ao instituto ten que coller dous autobuses o que supón que nun so día que teñan clase de mañá e de tarde ten que gastar oito euros en autobús e perder en ocasións máis de dúas horas do seu tempo. En fin...

De certo que estamos a poñer aos nosos xoves as cousas moi difíciles. Logo queixarémonos de que so queren "botellón".

Agardo que fagan algo para mellorar a situación,

Unha aperta,
Ignacio Jorganes
Castiñeiras

jueves, 30 de agosto de 2007

Ecoloxistas presentan alegacións o plano de Acuicultura da Xunta


Verdegaia e ADEGA presentaron cada un súas alegacións contra o Plano de Acuicultura da Xunta.

Na páxina de ADEGA pódense consultar as súas alegacións, e na de Verdegaia un resumo das mesmas.

Verdegaia aposta pola finalización da actividade de aquelas piscifactorías que estean situadas na Rede Natura unha vez finalice o período de concesión das mesmas. Isto incluiría por exemplo á piscifactoría de Couso no noso Concello.

miércoles, 29 de agosto de 2007

Piscifactorias


Parece que a veciñanza de Corrubedo está a moverse co tema das piscifactorías.

Os empresarios alegan que dan moito traballo, mais hai quen comenta que ca subvención que tivo Pescanova para a súa planta de Mira en Portugal, terán os salarios de todos os seus traballadores durante 15 anos. ¡Así calquera é empresario!

Por certo, que a min non me gustou nada a chulería ca que Pescanova dixo que levaba os seus cartos para Portugal, e dende aquela xa non merco produtos da citada empresa. Se eles conxelan as súas inversións en Galiza, eu conxelo as miñas inversión en Pescanova, mais outros danlles medallas…

Agora, aos veciños de Corrubedo quérenlles expropiar os seus terreos para montar unha piscifactoría. É como se a ti van e díxenche que te vaias da túa casa que hai un empresario que quere poñer un bar. Polo morro. Expropian un ben privado para o seu uso privado. Caro que como din unha boa amiga o que é privado é o negocio e máis os beneficios, que os gastos pagámosllos entre todos cas subvencións.

Os veciños de Ribeira ven de presentar 3.000 sinaturas e 400 alegacións en contra do plan. Agardamos que esta desfeita non siga adiante.

Sobre o tema das piscifactorías hai moito que falar. Se teño tempo, noutra entrada xa poñerei algo máis sobre o risco medio-ambiental que supón e o bacallau que están a vendernos. Mentres tanto, ide vindo este documenta que fixeron na televisión portuguesa. É un pouco longo, mais paga a pena.

Primeira parte:



Segunda parte: