martes, 21 de agosto de 2007

A bitácora doutro de Ribeira


Dixéronme o outro día que a meu caderno de bitácora ten o mesmo nome que a doutro blogero xa famoso por estes lares.

Cando escollín o meu nome, non o pensei demasiado. Quería que as miñas verbas saísen do corazón e non poñerme a pensalas demasiado. Velaí porque este caderno de bitácora de seguro que está cheo de erros e inexactitudes.

Velaí tamén, porqué collín este nome para o meu caderno de bitácora. Foi sen pensar. So tiña ganas de sacarme do peito a sensación de non ser de ningures, e pertencer a terra na que vivo, traballo dende fai xa máis de dezaoito anos. Xa chega. Esta non é so a terra a que xuridicamente pertenzo, se non tamén a terra que veu nacer ós meus fillos e a que sinto agora como propia.

Por iso perdoade a traizón do meu subconsciente. A bitácora de Paleón léoa dende os seus comezos, e seguro que por iso se deslizou o seu apelido sen querer. Esta tiña que ser a bitácora doutro de Ribeira.

2 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Ah pues mira, ya sois dos!!!

Ojalá fuerais más! En mi barrio hay uno que lo hizo abierto, y si alguien quiere publicar allí le mandamos el post y lo pone. Me parece una buena manera de informar, protestar, pedir, etc.

en tu caso es tu propio punto de vista sobre las cosas que afectan a Ribeira, tu pueblo, y tú eres uno que vive ahí ¿no? Así que "un de ribeira" es correcto!, digoooo!

Jorganes dijo...

Zeltia, a mi gustaríame que no noso Concello houbera moita máis xente que dixera cousas sobre el. Hai algunha bitácora e máis páxinas, pero a verdade é que ata agora poucos queren mollarse cas súas opinións.

O que comentaba desta páxina de Paleón é que el ten por subtítulo da súa páxina o que eu puxen por nome. Pero agora xa son un máis de Ribeira (sen complexos).

Bicos miles e graciñas por visitar a miña bitácora.