viernes, 15 de junio de 2007

Verdegaia


A pasada semana a miña moza e máis eu tíñamos algo que celebrar. Por iso hoxe quero facerme un agasallo e tamén facelo a ela. Xa o tiñamos falado, mais aínda non tomaramos a decisión.

Un só pode facer moitas cousas, pero é necesario xuntar as mans para defender a natureza contra a cobiza humana. Por iso hoxe regaláramos pertencer a Verdegaia.

Gústame os seus principios, e o seu ideario. Agora só queda agardar a que podamos xuntarnos un pequeno grupo de socios nesta comarca para así organizar unha coordinadora local no Barbanza. O principio da acción de Verdegaia está baseada no lema pensando globalmente e actuando glocalmente (local e globalmente).

2 comentarios:

marinela dijo...

gracias, juapismo!!!
a ver, unha aposta realista: dentro dun ano, coordinadora local no barbanza?

Paz Zeltia dijo...

Noraboa por dar ese paso. Pasiño a pasiño faise o camiño.
Hei ler con calma todo o relativo a Verdegaia.
A verdade e que 20 euros a 20 euros, esapalladiños por acá e por acolá nesta asociación e nestoutra... ó meu soldo mileurista sostén da casa, notaselle ben... teño que escoller moito. Ás veces ando cambiando dun lado para outro... Pero creo que espallarse non é bo, a todo non se pode atender e hai que ter unhas preferencias.
Esta ben eso de ter as cousas claras e ver de certo onde é mais necesaria a axuda...