domingo, 9 de noviembre de 2008

O hospital terá máis fondos que os de Cee e O Salnés no 2009

La Voz de Galicia titulaba onte O hospital terá máis fondos que os de Cee e O Salnés no 2009. Porén advertía despois da discrepancia do deputado do PP: "Con todo, o portavoz parlamentario do Partido Popular, Manuel Ruiz, ten un punto de vista moi diferente sobre os orzamentos. O deputado afirmou onte que Sanidade segue condenando ao ostracismo ao hospital da Barbanza".

Nós temos que concordar co deputado do PP. O hospital non funciona moito mellor do que funcionaba cando gobernaban eles. As listas de espera son interminables, escandalosas e terceiromundistas; e o servizo de urxencias deixa moito que desexar.

Eu teño acudido alí co meu fillo que fixo unha escordadura nun pé, e estivemos a esperar por un traumatólogo catro horas. O meu fillo fixo unha reclamación por escrito, mais moitos meses pasaron dende aquela e nin sequera se molestaron en responder.

O outro día na obra teatral que representaron Mofa e Befa, un de eles sufrira un accidente e dicían: "lévao para Santiajo a que lle fajan unha radiografía, que se o levas aquí morre" Tiña gracia, se non fora porque aínda hoxe moitos pensamos que quizais en Santiago podamos atopar mellores prestacións que no Hospital da Barbanza.

No hay comentarios: