lunes, 19 de enero de 2009

O Banco do Tempo noiés funcionará a finais de xaneiro

El paso del tiempo de Josean Prado

É unha boa iniciativa a que está a poñer en marcha no Concello de Noia. Un banco do tempo. É coma a Axuda que funcionaba antes nas aldeas de Barbanza, pero máis moderna. Que ti sabes algo de informática e queres dar clases pola semana, pero necesitas alguén que coide ao teu can os fins de semana, pois te apuntas e intercambias horas de clase de informática con horas de paseo do can. Iso si, válenche o mesmo as horas de pasear o can que as de informática.

Podedes ler a nova na Voz:
El Banco do Tempo noiés funcionará finales de enero

1 comentario:

Paz Zeltia dijo...

home, jorganes, rexurdiches!

esta iniciativa paréceme caralluda. seica por ahí adiante, xa funciona, a nivel particular, sen ser dende a administración. pero nós co informais que somos, millor así.
algo tan sinxelo, que non custa cartos, que aproveita os recursos humans, que resolve problemas... ¿por qué non está máis extendido?
aaaah misterios.